Guía para a abordaxe dos problemas de conduta no ámbito educativo

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a “Guía para a abordaxe dos problemas de conduta no ámbito educativo”, un documento pensado para ofrecer orientacións e recursos que axuden aos centros educativos a mellorar a convivencia escolar e a xestión das situacións complexas que poden xurdir no día a día das aulas.

Esta guía propón un enfoque integral para comprender e afrontar os problemas de conduta, tendo en conta a diversidade de factores persoais, sociais e contextuais que poden influír nestas situacións. Ademais, ofrece estratexias e recomendacións prácticas baseadas en tres eixos fundamentais: prevención, intervención e seguimento.

Entre os seus obxectivos destaca promover unha xestión educativa dos conflitos que favoreza o diálogo, a responsabilidade do alumnado e a resolución pacífica das situacións problemáticas, entendendo os conflitos como oportunidades para a aprendizaxe e a mellora da convivencia no centro.

Compartimos a continuación o documento para que toda a comunidade educativa poida consultalo e empregalo como recurso de apoio no traballo diario pola convivencia escolar ao que se pode acceder facendo clic na imaxe

error: Contenido Protegido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.