REQUISITOS
d) Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.
- Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
QUE HAI QUE FACER PARA MATRICULARSE?
Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
- Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade
CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018-2019
Enlace para imprimir calendario, fai clic na imaxe
ENLACES NOS QUE PODES INFORMARTE
- Información sobre a FP Básica na Web da Consellería de Educación
- Oferta de Ciclos de FP Básica en Galicia para o curso 2017/2018 (Clasificada por provincia e concello)
- Preferencias entre os perfiles de FPB e os Ciclos Medios.