Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

A Xunta de Galicia publica unha Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo. 

O obxectivo é abordar a violencia de xénero desde unha perspectiva integral, axudando aos estudantes a detectar e atallar comportamentos de risco neste eido a través dunha serie de orientacións básicas e información precisa sobre os sinais de alarma. Ao mesmo tempo, ofrece pautas de actuación e procedementos de intervención tanto nun primeiro momento como a medio e longo prazo, en coordinación cos servizos e recursos de atención especializada competentes.

A guía contempla catro supostos ou situacións que poderían darse, identificando os sinais de alarma que poden axudar á súa detección.

Especifícanse ademais os esquemas de actu das diferentes pautas de intervención que cada un deles require para abordalos de forma adecuada e eficaz.

A maiores a guía achega recomendacións, facendo fincapé na educación para a igualdade como o recurso máis potente para a prevención deste tipo de violencia, así como estratexias de comunicación para reunións e entrevistas ante posibles casos, tanto coa vítima e a súa familia como co presunto agresor e a súa familia.

Por outra banda, inclúese tamén unha compilación de recursos existentes no eido da loita contra a violencia de xénero, tales como o Teléfono da Muller ou os Centros de Información á Muller (CIM), entre outros.

O documento complétase cunha serie de fichas que permitirán rexistrar a información de cada caso, para a súa remisión a aqueles servizos ou instancias que teñan competencia na súa resolución, co gallo de asegurar a necesaria coordinación institucional entre a administración educativa, sanitaria, sociocomunitaria, policial e xudicial.

error: Contenido Protegido