Convocadas as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio en Galicia 2024

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

 

DATAS DOS EXAMES:

  • PROBAS CICLOS MEDIOS: 23 de maio 2024

 

REQUISITOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS:Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2024

 

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

  • As solicitudes presentaranse preferiblementepor vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
  • A solicitude tamén pode entregarse na secretaría dun centro calquera que imparta FP.Para isto hai que cumplimentar o documento (anexo I código de procedemento ED312C) a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, e a continuación xerar o documento que se deberá imprimir e presentar nun centro educativo.  Todos os centros porán a disposición das persoas solicitantes ordenadores conectados á rede e desde os que pderán imprimir as solicitudes xeradas.
  • No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH:

  • As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso. 
  • Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.
  • Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).
  • A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.

 

VALIDEZ DAS PROBAS:

a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. O acceso a cada ciclo formativo de grao superior quedará determinado de acordo coa partes específica da proba superada.

b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes.

 

DATAS E HORARIOS DA PROBA:
(Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou).

As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medioterán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).

 

CALENDARIO DAS PROBAS 2024:  Enlace para imprimir calendario

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ESTA CONVOCATORIA:

Ciclos Medios: Enlace para consultar a seguinte información.

  • Acceso á nota informativa.
  • Instrucións para facer a solicitude.
  • Instrucións para a realización da proba.
  • Sedes (lugares) para celebración da proba 2024
  • Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.

 

ENLACES PARA INFORMARSE:

 

(Máis información no Departamento de Orientación)

error: Contenido Protegido